Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO PRESENTA A PROGRAMACIÓN DO NADAL 2020

A concelleira de Cultura Begoña Roldós presentou hoxe a programación cultural aprobada polo goberno municipal para este Nadal, enfocada nos máis pequenos e coas máximas medidas de prevención de contaxios.

A programación dará comezo o domingo 6 de decembro ás 19.00 horas coa primeira festa de acendido do alumeado de Nadal, que contará coa animación de elfos, magos, música, un photocall e ata neve na praza do Concello.

Os obradoiros gratuitos no CEIP Unión Mugardesa desenvolveranse os días 23, 28, 29 e 30 de decembro, e o 4 de xaneiro, de 8.30 a 14.00 horas (ou en horario reducido desde as 10.30 horas) con actividades de elaboración de disfraces e decorados de Nadal, puidendo participar ata 35 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.  O prazo de inscrición iníciase o luns 7 de decembro, presencialmente na OMIX (1º andar da Casa do Concello) ou chamando por teléfono ao 981 470 290 (extensión: #2033) de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Desde a concellería lembran que as prazas adxudicaranse por riguroso orde de inscrición.

Outra das actividades principais para os pequenos da casa será a recollida de cartas para Papá Noel e os Reis Magos. Instalaranse 4 buzóns de Nadal: un no exterior da Casa do Concello, e os outros tres no interior do Casino de Franza, San Xoán e do Seixo.

Pero todos aqueles pequenos e pequenas que prefiran facer entrega das súas misivas persoalmente, poderán entregalas os días 22 e 23 de decembro de 17.30 a 19.30 horas a un elfo do norte na praza do Concello, que ademáis de recoller as cartas repartirá pombiñas de merenda aos nenos e nenas que se acheguen a visitalo. Igualmente, tamén poderá facer entrega da carta a un paxe real o día 2 de xaneiro ás 17.30 horas no Casino do Seixo e ás 19.00 horas no Casino de Franza, e o día 3 de xaneiro ás 17.30 horas no Casino de San Xoán e ás 19.00 horas no Casino de Mugardos.

E por suposto, o día 5 de xaneiro, recibirase en Mugardos a visita das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, tendo prevista a súa chegada ás 18.00 horas á praza do Concello.

Para animar a rúa, o comercio e á veciñanza, o día 26 pola mañá está prevista a actuación do coro Diapasón.

E para rematar e por primeira vez, o concello organiza I concurso de adornos de Nadal en balcóns e fiestras, co obxectivo de contribuir a crear un ambiente festivo nestas datas.

Neste concurso poden participar todos os mugardeses e mugardesas que o desexen coa única condición que a decoración poida ser visible dende a rúa, e a temática e motivos ornamentais estén relacionados co Nadal. Os balcóns e fiestras deberán estar adornados o día 24 de decembro e permanecerán ata o día 8 de xaneiro.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse desde mañá 5 de decembro ata o día 23 de decembro presencialmente no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

O premio (que non serán cartos en metálico), otorgarase logo de valorar o deseño, a orixinalidade e a utilización de recursos reciclados ou a natureza, e farase público o gañador ou gañadora o día 31 de decembro.

Pode consultar as bases do I concurso de adornos de Nadal en balcóns e fiestras na seguinte ligazón:

DESCARGAR PDF Bases concurso de adornos de Nadal

Begoña Roldós destacou que “aínda que pola situación sanitaria non se pudieron pór en marcha todas as novidades e actividades previstas para este ano, xa pode notarse un cambio na dirección que o goberno municipal quere implantar nas actividades culturais organizadas polo concello, para que haxa unha programación ampla para os nenos e nenas, respectando ao máximo as tradicións e costumes populares e escoitando as propostas da veciñanza á hora de actualizar os contidos”.

Pode consultar as bases do concirso

Back to top