Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INICIO DO PERIODO VOLUNTARIO DE PAGO DE IMPOSTOS E TAXAS

A Concellería de Facenda informa de que hoxe dá comezo o período de pago voluntario das seguintes taxas e impostos municipais:

  •  Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urban (IBI ou contribución)
  • Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica (IBI rústico)
  • Imposto sobre Actividades Económica (IAE)
  • Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante reservas de vía pública (Vaos)
  • Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante entrada de vehículos a través de aceras
  • Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante postos e mesas no mercado municipal (1º semestre)

O periodo de pago voluntario remata o 11 de decembro de 2020.

O pago dos recibos poderase realizar polas seguintes canles:

  • Na oficina da recadación municipal, sitas na rúa Os Corzás, 6-baixo, en horario de luns a venres de 09:00 a 13:30 horas.
  • Mediante transferencia ou ingreso na conta IBAN ES-95-2080-0205-75-3040011190 de Abanca (para o que é imprescindible contar co recibo físico que será remitido polo concello aos domicilios).
  • Mediante domiciliación dos recibos, que serán cargados nas respectivas contas dos contribuintes a partir do 1 de outubro de 2020.
Back to top