Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONTINÚAN OS TRABALLOS NA REDE DE ALUMEADO PÚBLICO DO CRISTO

A Concellería de Servizos informou hoxe que desde fai días levan desenvolvéndose traballos de comprobación e arranxo de avarías no alumeado público da zona do Cristo, debido ás múltiples avarías e a mala configuración do sistema nesta zona.

O concelleiro Jorge Kuntz informou que, aínda que algunas das avarías xa foron detectadas e arranxadas, son moitos os problemas do alumeado público en todo o concello e esta zona non é unha excepción.

“Cada vez que había un salto na fase, saltaba todo o alumeado da zona por que a configuración era monofásica, o que supón unha mala xestión dos recursos. É máis útil e dá mellor servizo á veciñanza preparar o sistema para que ante unha caída, non quede toda a zona sen alumeado. Tamén é máis caro e supón máis traballo, e durante moitos anos esta opción nunca se contemplou” sinalou Jorge Kuntz.

O responsable do servizo destacou tamén que foron varias as avarías detectadas no cableado, que ao longo destes días foron atopándose e solucionándose, e que nestes momentos, queda pendente de solucionar a avaría que afecta ao alumeado na rúa Alta á altura do cruce coa rúa do Cristo “Está sendo complicada a súa localización, como noutros moitos casos por que todo o sistema está falto de mantemento, pero continúan os traballos e esperamos localizar o problema o antes posible”.

Kuntz confirmou que o goberno está a traballar para a realización de inversións que permitan a mellora do servizo en todo o concello, cun plan que inclúan o mantemento das instalacións como principal medida de prevención das avarías.

Back to top