Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

HOXE ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE XOGUETES DE NADAL 2020

A concelleira de Benestar Ana Varela anunciou hoxe a apertura do prazo de presentación de solicitudes para as axudas de xoguetes de Nadal municipais, que este ano teñen un orzamento total de 3.500 euros.

As axudas poden destinarse a cubrir os gastos derivados da adquisición de agasallos para o Nadal 2020, tales como, xoguetes, xogos educativos, libros, e/ou material necesario para práctica dalgunha das actividades culturais e deportivas (por exemplo, patíns, equipamento para natación, instrumento musical, etc.).

As axudas consistirán na concesión dun vale cun importe total que dependerá do número de fillos da unidade familiar, e que vai dos 50 euros no caso de ter un fillo ata os 240 euros no caso de 6 fillos.

Os requisitos xerais para ter acceso a estas axudas son residir en Mugardos, ter fillos/as menores de 13 anos (a 6 de xaneiro de 2021) e ter ingresos inferiores ao 80% do IPREM na unidade familiar.

As solicitudes deberanse presentar no rexistro xeral do concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do concello https://sede.concellodemugardos.gal/opencms/gl/index.html.

A concelleira anunciou tamén que desde o seu departamento xa se está a traballar na reformulación destas axudas o próximo ano para adaptalas ás novas necesidades e requerimentos dos solicitantes “Este ano non foi posible ampliar a contía das axudas pola falta de novos orzamentos aprobados antes da apertura das solicitudes, pero para o próximo ano, esperamos ampliar a partida para poder ampliar o número e o importe das mesmas”

Así mesmo, Ana Varela informou da intención de “ampliar o importe das axudas por fillo e permitir o fraccionamento das axudas para que as familias poidan adquirir os agasallos adaptándoos mellor aos desexos e afeccións dos nenos e nenas”.

Nas seguintes ligazóns pode acceder ás bases que regulan a concesión destas axudas e ás instancias para presentar as solicitudes:

IR Á LIGAZÓN Bases reguladoras das axudas para xoguetes de Nadal 2020

IR Á LIGAZÓN Instancias para a solicitude das axudas para xoguetes de Nadal 2020

Back to top