TEATRO INFANTIL “ROGELIO, UN PALLASO EN RECUPERACIÓN”
Este evento rematou
-
Fecha
8 Agosto 2020
-
Hora
20:30 - 21:30
-
Praza do Concello
Avenida de Galicia nº 45 -15620 (Mugardos)
Hoxe sábado ás 20.30 horas poderase desfrutar na Praza do Concello de “Rogelio: un pallaso en recuperación”, espectáculo de circo e clown para todos os públicos no que os espectadores son un elemento máis do espectáculo.
Sinopse: Rogelio leva pechado na súa casa vinte anos. No instituto facíanlle bullying. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos, está no último chanzo. Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta, a maxia. Se hoxe sae todo ben, danlle a alta médica. Pero claro, só poderá curarse coa axuda do público. Un espectáculo de clown cun pallaso que non ten moito filtro e que precisa do público como un elemento máis do espectáculo. Maxia, escapismo, humor e moitas sorpresas máis.



