TEATRO INFANTIL: “DON GELATI”
Este evento rematou
-
Fecha
16 Agosto 2020
-
Hora
20:30 - 21:30
-
Casino Mugardés
Rúa Os Corzás nº 17 - CP 15620 (Mugardos)
Desde as 20.30 horas no Casino Mugardés, Dani García presenta o seu espectáculo “Don Gelati”. Maxia e teatro xestual pensado para un público infantil.
Sinopse: Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa, sinxelo e directo, con grande mobilidade, sen necesidades técnicas externas e practicamente sen límites para a fantasía.



