Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO CON MOTIVO DO 25-N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O goberno municipal, con motivo do  25N_Día Internacional da Eliminación da Violencia conta as Mulleres, convoca á cidadanía ao acto institucional de concentración  o mércores  25 de novembro ás 12:00 horas  na Praza do Concello.

A Campaña Municipal co lema “Se negas a violencia de xénero, elas vólvense invisibles” incide na importancia de non admitir interpretacións sobre esta realidade. Negála, non a elimina; Todo o contrario fai máis dificil a protección das mulleres vítimas e transmite unha mensaxe de impunidade aos agresores.

Miles de mulleres foron asasinadas (1.387 asasinadas por esta causa desde 2003, 46 no que vai no presente ano), decenas de miles sufriron agresións e centenares de menores quedaron orfos.

Coa concentración do próximo mércores 25 de novembro, a Corporación Municipal e a cidadanía expresaremos o apoio incondicional ás vítimas e, o compromiso firme do Concello de Mugardos na condena de todos os actos de violencia sexista contra a muller.

A praza será ornamentada polo alumnado de FP Básica de Agroxardinería e composicións florais do IES Mugardos.

A Campaña Municipal do 25N está financiada integramente polo Ministerio de Igualdade e Pacto de Estado

Back to top