TEATRO INFANTIL: CIRCO CHOSCO-FORZU2
Este evento rematou
-
Fecha
9 Agosto 2020
-
Hora
20:30 - 21:30
-
Praza do Concello
Avenida de Galicia nº 45 -15620 (Mugardos)
Hoxe ás 20.30 horas na Praza do Concello poderase desfrutar de “Circo Chosco-Forzu2” espectáculo para todos os públicos que encherá a praza de humor e risas cun show con espectaculares acrobacias e malabares.
Sinopse: O humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama deste espectáculo dun dúo de atletas, cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo crúzanse coa impecable técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, Circo Chosco realizan os seus impresionantes números agochándose baixo a apariencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.



