Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SESIÓN INFORMATIVA SOBRE AS NOVAS APLICACIÓNS TECNOLÓXICAS DO SERGAS

Este evento rematou

Todos os martes do mes de febreiro de 8.00 a 15.00 horas, o SERGAS ten programadas no Centro de Saúde de Mugardos sesións informativas, para informar a tódolos usuarios das novas aplicacións e tecnoloxías dispoñibles en Galicia para realizar diferentes xestións e consultas relacionadas coa saúde.

Os obxectivos destas xornadas son dar a coñecer a existencia e o uso da Chave365, presentar as opcións e utilidades na xestión da saúde do programa É-Saúde e informar sobre as utilidades, opcións e funcionalidades máis interesantes da aplicación SERGAS MÓBIL.

Os técnicos presentes resolverán tamén calquera dúbida que poida xurdir con respecto das aplicación técnolóxicas do SERGAS, co fin de reforzar as destrezas dos usuarios no seu manexo cotiá.

Back to top