Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REPRESENTACIÓN DA OBRA “EL CRÉDITO”

Este evento rematou

O domingo 6 de novembro a Asociación Cultural Teatro RemocicArte, compañía asturiana de Puerto de Vega interpretará a obra “El crédito” de Jordi Galcerán, na que se conta a historia dun home que, de forma honrada, pretende conseguir un crédito bancario sen máis aval que a súa palabra. Ante a negativa do director da sucursal, desencadéase un conflito dialétcito e moral no que cada un de tentará conseguir o seu obxectivo nunha crítica social mordaz e moi divertida.

A representación terá lugar no Casino Mugardés, ás 19.00 horas, e é de entrada gratuita.

Back to top