Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE AGOSTO: MULTIDEPORTE NA PRAIA E IOGA NO PAVILLÓN DO CRISTO

Multideporte na praia:

Pódese elexir o mes completo, ou ben a Quenda 3 (do 3 ó 14 de agosto) ou a Quenda 4 (do 17 ó 31 de agosto).

Horario de 11:00 a 13:30 horas. Para nados entre 2022 e 2014.

Prezos: quincena 30€ e mes 50€. O prazo de inscrición remata o mércores 29 de xullo.

Ioga no Pavillón do Cristo

Martes e xoves de 10:30 a 11:30 horas, durante o mes de agosto. Para maiores de idade.

Prezos:  20€ / mes. O prazo de inscrición remata o mércores 29 de xullo.

Tódalas inscricións se realizarán por rigorosa orde de chegada e ata cubrir as praza dispoñibles.

Para formalizar a inscrición ou solicitar información:

Departamento de Cultura e Deportes

1º andar edificio do Concello

Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Teléfono: 981 470 338 (extensión 1).

Enderezo eléctronico: mar.novoa@mugardos.gal

Back to top