Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A X BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS ‘CONCELLO DE MUGARDOS’ SE CELEBRA ESTE SÁBADO 25 DE XULLO NO PEIRAO MUGARDÉS

O Alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, xunto co Presidente do Club do Mar de Mugardos, Pablo Robatto Rañales, e a rapazada integrante das categorías base, asistiron hoxe á presentación da X Bandeira de Traiñeiras Concello de Mugardos, que tivo lugar nas inmediacións da sede do dito Club. Ambos destacaron a importancia de seguir traballando e colaborando xuntos para manter vivo este deporte tan importante para Mugardos.

A regata, proba puntuable dentro do calendario da Liga Galega de Traiñeiras, disputarase este sábado 25 de xullo no peirao de Mugardos ás 12:35h, e contará coa presenza dos equipos integrantes da liga A: Cabo de Cruz, Samertolameu, Bueu, A Cabana, Mecos, Narón, Tirán, Cesantes, Castropol e Mugardos.

Tanto o Concello como o Club do Mar animan a todas as persoas a que se acheguen a desfrutar da regata dende o Peirao de Mugardos. Ao rematar a regata, o Club do Mar como club anfitrión, ofrece a posibilidade de poder xantar co resto de deportistas e afecionados nas instalacións do Club a todas aquelas persoas que desexen seguir apoiando a que, agardan, sexa unha satisfactoria xornada de remo.

Back to top