Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MÚSICA NA RÚA “FANFARRIA TAQUIKARDIA”

Este evento rematou

O grupo de música “Fanfarria Taquikardia” percorre hoxe as rúas de Mugardos desde as 22.00 horas, co seu espectáculo de música festiva e un repertorio “taquikárdico”.

Sinopse: grupo de música extremo festeiro, que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra. A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-pratos.

As influencias musicais son varias: comeza polas fanfarrias de Europa do Leste, os brass ensembles de Nova Orleáns, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música tradicional galega. Os integrantes da banda proceden de varios grupos do panorama musical galego que tamén teñen montado boas festas: Cuchufellos, Os Bechuchos, Pelepau, Skandalo Gz, Pan de Capazo, Festicultores, Os Podridos, A Vaga Banda ou A Compañía do Ruído. Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles pódese saber cando comeza a música e a festa, pero non cando remata.

Back to top