Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FUNCIÓN DE PETER PUNK CLOWN “CHUNGO QUE TE CAGAS”

Este evento rematou

No Seixo, a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega recibirá ao pallaso Peter Punk o domingo 22 de maio ás 19.00 horas coa representación “Chungo ke te cagas”. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade para buscar a gargallada do público.  Chungo ke te  kagas é a frase máxica deste artista, coa que anuncia ao público as súas máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do “máis difícil aínda” dos directores do circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos ensina a súa destreza coas bolas, mazas e aros, realiza increíbles figuras de globoflexia nun tempo récord, dá boa conta das súas habilidades sobre o monociclo e, como peche, pon en perigo a súa vida (e de boa parte do respectable) cun final con fachos de lume. E todo sen esquecer o humor.

Back to top