CHARLA “CONSUMO RESPONDE” SOBRE A TARIFA ELÉCTRICA
Este evento rematou
-
Fecha
30 Xuño 2022
-
Hora
18:00
-
Casino Mugardés
Rúa Os Corzás nº 17 - CP 15620 (Mugardos)
O Concello de Mugardos, a través da Concellería de Urbanismo organiza unha charla informativa sobre a tarifa eléctrica que realizará o Instituto Galego de Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia.
Desde o concello destácase a importancia de dotar de ferramentas de información aos veciños e veciñas sobre a facturación eléctrica nuns momentos especialmente duros para moitas familias onde os prezos disparáronse. Coñecer esta información pode ser importante para valorar e entender mellor a facturación e poder reclamar no caso de que existan motivos xustificados.