APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DOS COMEDORES ESCOLARES MUNICIPAIS PARA O CURSO 2026/2027
O prazo para a presentación de solicitudes para os Comedores Escolares Municipais do próximo curso escolar 2026/2027 abarca do 1 de xullo ao 10 de xullo, ambos os incluídos.
Rógase LER DETIDAMENTE TODOS OS IMPRESOS para que queden cubertos e asinados adecuadamente, coa documentación pertinente, no prazo de solicitude.
As solicitudes deben presentarse por sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O Concello de Mugardos vén de recibir unha subvención destinada ao Programa Municipal de Conciliación que cofinancia as actividades do Espazo Infantil de Xogo e do Servizo de Almorzo dos Comedores Escolares Municipais.
Estas actividades municipais contan coa validación, da Consellería de Politica Social e Igualdade, como medidas Municipais de Conciliación de promoción autonómica.
A subvención do Programa do Plan Corresponsables para entidades locais, cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, achega ao Concello 13.854,88€ durante o período de xaneiro a novembro de 2026.