Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DAN COMEZO OS TRABALLOS NA MELLORA DO ALUMEADO PÚBLICO

O concelleiro de obras Jorge Kuntz anunciou que no día de hoxe iniciáronse os traballos de mellora no alumeado público, logo de terse retrasado a causa das limitacións nos traballos que impuxo o estado de alarma a causa da pandemia do COVID-19.

Os traballos desta primera fase estanse a realizar no casco urbano de Mugardos alcanzando as rúas Casás, Areosa, Casas Baratas, O Cristo e Pedrosos, e unha primeira intervención (que posteriormente será ampliada) na Avenida do Seixo.

As obras iniciadas, por importe superior aos 230.000 euros financiadas polo Concello de Mugardos e fondos FEDER co IDAE, consisten na sustitución de luminarias, cadros de luz e mellora das instalacións.

O concelleiro  lamentou “o retraso no inicio das actuacións que se viu afectado incluso pola corentena á que foi sometida o material utilizado, pero tanto desde o concello como desde a empresa adxudicataria o compromiso é total, e confiamos en rematar canto antes os traballos que darán por fin solución aos numerosos problemas de avarías do sistema de alumeado público municipal”.

Lembrou tamén o concelleiro Kuntz que a segunda fase por importe de 244.261€ e centrada íntegramente na parroquia do Seixo (Bello Piñeiro, Coruto e Boado) iniciará a licitación próximamente, logo de estar xa aceptada a subvención; e a terceira e última das fases deste plan integral de mellora do alumeado público mugardés con actuacións previstas na parroquia de Franza e no resto do territorio municipal xa ten rematado o proxecto e está á espera da nova convocatoria para a súa presentación.

Back to top