O CONCELLO DE MUGARDOS DENUNCIA O ROUBO DE CABLEADO DE COBRE NA ZONA DA BARCA
O pasado xoves pola mañá a Policía Local de Mugardos comunicou o roubo de aproximadamente 300 metros de cableado na zona da Barca.
Nestes momentos, as investigacións conxuntas de Garda Civil e Policía Local están moi avanzadas, e grazas á colaboración cidadá trabállase xa con unha liña clara para a resolución do caso.
Desde a Concellería de Servizos infórmase á veciñanza que xa se está a sustituir o cableado roubado “Temos claro que o motivo do roubo é o cobre, polo que estamos a sustituir o material roubado por cableado con aluminio para evitar o interese dos amigos do alleo” sinalou o concelleiro Jorge Kuntz, quen quixo destacar a importancia da colaboración entre os corpos e forzas de seguridade e a veciñanza para facer de Mugardos un lugar máis seguro e tranquilo para todos.