As solicitudes realizaranse a instancia de parte, conforme ao modelo establecido no anexo I xunto coa documentación xeral sinalada na solicitude, así como a documentación específica segundo o colectivo solicitante:
a. Persoas en situación de risco social e/ou dificultade socioeconómica:
- Informe dos servizos sociais comunitarios que acredite as razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal e/ou económica. A tal efecto, os servizos sociais municipais requirirán a documentación xustificativa necesaria para a elaboración do informe técnico documentado que xustifique a valoración da súa concesión ou denegación.
b. Estudantes.
- Fotocopia do DNI do solicitante (ou pai, nai ou titor/a) e do libro de familia no que figuren tódolos membros da unidade familiar.
- Informe de convivencia (expedirase de oficio por parte do concello).
- Fotocopia da declaración da renda correspondente ao último exercizo dos proxenitores ou titores/as legais e dos integrantes da unidade familiar maiores de 18 anos. No caso de non estar obrigado/a a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda.
- Certificado da matrícula ou informe expedido polo centro educativo que acredite a condición de alumno/a.
- Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ninguha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Mugardos para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso.
- O concello poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada, e calquera outra necesaria para a valoración da solicitude. As unidades familiares que teñan entregado documentación do departamento de servizos sociais para calquera xestión, que conste no seu expediente e que sexa válida poderán quedar eximidas da presentación desta documentación unha vez sexa revisada polo persoal do departamento.
As solicitudes rexistraranse no Concello, xunto con toda a documentación requerida, no rexistro municipal ben físicamente ou ben a través da sede electrónica municipal:
- Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve