Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

OFICINA DE INFORMACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS

Avenida de Galicia 45, 2º andar

981 470 290 (extensión #2017)

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

Persoa de contacto: Paula Pereiro

servizos.sociais@mugardos.gal

Os servizos sociais comunitarios configúranse como servizos de carácter integrador, o que os constitúe na principal instancia do sistema para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral, coordinados con outros servizos sociais especializados e con outros servizos de benestar (saúde, educación, cultura, emprego, vivenda, migracións e, se é o caso, desenvolvemento rural), co fin de favorecer unha intervención integral coas persoas.

Os servizos sociais municipais, dun eminente caracter integrador, son o sistema de protección social máis cercano á veciñanza e o seu entorno vital, e poñen a disposición da cidadanía un conxunto de prestacións, programas e equipamentos co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social.

No departamento dos Servizos Sociais do Concello de Mugardos desenvólvense os seguintes programas e servizos, cofinanciados pola Xunta de Galicia e a Deputación provincial da Coruña:

a) Programa de valoración, orientación e información en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral.

b) Servizo de axuda no fogar (SAF), que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teña limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as que resulte un recurso idóneo.

c) Servizo de educación e apoio familiar, que integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de malos tratos infaltil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

d) Programa básico de inserción social que procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo ás persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, ppromoción e integración da comunidade xitana e outras minorias étnicas.

e) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social, que facilite a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Ademais, os servizos sociais municipais xestionan os seguintes servizos e programas:

  • Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en dependencia e libre concorrencia
  • Escola Infantil Municipal As Lagoas (0 – 3 anos)
  • Escola de Envellecemento Activo para as persoas maiores
  • Programa de fomento da conciliación (Espazo infantil de Xogo)
  • Transporte metropolitano
  • Educación familiar
  • Programa de Igualdade
  • Asesoría xurídica para mulleres
  • Atención a vítimas de violencia de xénero
  • Solicitudes de prestacións: axudas de inclusión social (AIS), renda de inclusión social de Galicia (RISGA), pensión non contributiva (PNC), axuda urxente de tipo social (AUX)
  • Convocatorias municipais anuais: axudas de ensino e transporte, axudas para os xoguetes de Nadal, exencións e bonificacións nas taxas de auga, lixo e sumidoiros, axudas periódicas de emerxencia social, etc.
Back to top