Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

As axudas municipais ás familias para mercar regalos de Nadal consisten nun pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos, e que cumpran os requisitos de acceso establecidos para a adquisición dos regalos de Nadal para os/as seus fillos e filias, que estando en convivencia cos/as solicitantes, non teñan 13 anos cumpridos o día de Reis do ano seguinte.

Os requisitos para os e as solicitantes das axudas no ano 2020 son:

  1. Estar empadronada/o no Concello de Mugardos e ter a custodia de fillos ou fillas menores de 13 anos (non ter cumpridos os 13 o día 6 de xaneiro de 2021) para os que se solicite a axuda.
  2. Que a renda per cápita familiar non supere o 80% do IPREM
  3. Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

Coas axudas cubriranse os gastos derivados da adquisición de regalos para o Nadal 2020 como, xoguetes, xogos educativos, libros, e/ou material necesario para práctica dalgunha das actividades culturais e deportivas (por exemplo patíns, equipamento para natación, instrumentos musicais, etc), que se correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda.

O acceso a estas axudas será mediante a presentación da solicitude xunto cos anexos II e IV e a documentación requerida na solicitude, e estará suxeito ao ditame da comisión valoradora. Os requisitos xerais para a solicitude destas axudas son:

    • Fotocopia do DNI da persoa solicitante (pai, nai ou titor/a).
    • Fotocopia do libro de familia no que figuren tódolos membros da unidade familiar.
    • Informe de convivencia.
    • Fotocopia da declaración da renda dos proxenitores ou titares/as legais. No caso de non estar abrigado/a a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria.
    • Declaración responsble de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias fronte a Seguridade Social, Axencia Tributaria e Concello de Mugardos e de non estar incurso/a en ninguha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de abrigas por reintegro de subvencións, ·e autorización ao concello de Mugardos para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso, segundo as bases.

O concello poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada e calquera outra necesaria para a valoración da solicitude. As unidades familiares que teñan entregado documentación no departamento de servizos sociais para outra xestión, que conste no seu expediente e que sexa válida, poderán quedar eximidas da presentación desta documentación sempre que na solicitude especifiquen o expediente e o ano no que aportaron a mesma.

Deberase rexistrar a solicitude xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos requisitos xerais e os específicos da axuda ou axudas solicitadas (que poden consultarse no regulamento dispoñible no apartado de normativa).

  • Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas serán valoradas pola comisión avaliadora conforme aos criterios establecidos nas bases. Posteriormente publicarase unha lista provisional e abrirase un prazo de 5 días para subsanación de erros na documentación. Transcorrido este prazo a Comisión emitirá unha proposta definitiva e de seguido será aprobada pola Alcaldía. Unha vez concedida a axuda, farase entrega dun vale persoal e intransferible para canxear no establecemento correspondente. As axudas irán desde 50€ ata 240€ en función do número de nenos e nenas para os que se soliciten as axudas.

Existen unhas bases reguladoras da concesión destas axudas que se aproban e publican anualmente por parte do Concello de Mugardos:

DESCARGAR PDF Bases das axudas de xoguetes de Nadal 2020

Back to top