Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA EDUCACIÓN PARA ADULTOS NO IES DE MUGARDOS

A concelleira de educación Begoña Roldós informa de que o IES de Mugardos mantén aberto o prazo de admisión no programa de educación para adultos (ESA) que permite a obtención do título de graduado de Educación Secundaria.

A modalidade do programa no IES de Mugardos é presencial polo que require a asistencia regular ás actividades lectivas. Estas desenvólvense en 20 sesións semanais, polas tardes, de luns a xoves, de 16.00 a 20.00 horas. Cando se acrediten estudos realizados poderanse validar segundo as equivalencias recollidas na lexislación que regula a ensinanza de adultos.

Esta formación vai dirixida a persoas que desexen obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria que sexan maiores de 18 anos, ou cumpridos antes do 31 de decembro (excepcionalmente poden acceder persoas menores de esa idade que cumpran determinados requirimentos).

A concelleira quixo mostrar o apoio do Concello de Mugardos a este programa formativo, xa que “permite a mellora formativa dos maiores de idade que polos motivos que sexa, non puideron acadar o título de graduado de Educación Secundaria no seu momento, xa que a obtención desta titulación pode facilitar a incorporación ao mercado laboral ou mellora no posto de traballo”.

Back to top