Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INICIADOS OS TRABALLOS PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA RÚA OS CORZÁS

No día de hoxe deron comezo os traballos na rúa Os Corzás que consistirán no repintado da calzada e na mellora da sinalización coa instalación de paneis luminosos.

Desde a Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informan que desta banda os traballos centraranse na rúa Os Corzás entre o cruce coa Avenida de Galicia ata o cruce dos Catro Camiños, incidindo especialmente na contorna do CEIP Unión Mugardesa para a mellora da seguridade vial.

O repintado permitirá a mellora da visibilidade tanto dos carrís como da sinalización horizontal de pasos de peóns e sinais de stop, etc. Unha vez finalizados os traballos coa pintura, instalaranse as balizas luminosas nos pasos de peóns para a mellora da visibilidade.

O concelleiro Jorge Kuntz lembrou que esta é unha actuación moi demandada non só desde a comunidade educativa “por que os problemas de seguridade viaria na contorna de Unión Mugardesa son evidentes”, e subliñou que tamén noutros puntos do municipio demándanse este tipo de actuacións, e levaranse a cabo pouco a pouco. “O de hoxe é o inicio dun programa de seguridade vial que despregarase por todo o concello e que esperamos permita diminuír os incidentes de tráfico, especialmente aqueles nos que se ven involucrados peóns”.

Back to top