Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO DE NOVO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “AS LAGOAS”

A Concellería de Benestar social informa da reapertura do prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal “As Lagoas” do 19 ao 31 de maio logo de que o decreto do estado de alarma suspendera os prazos e procedementos administrativos.

As solicitudes que foran rexistradas con anterioridade ao estado de alarma son válidas e se unirán ás presentadas neste novo prazo. Pola contra, as solicitudes presentadas durante a vixencia do estado de alarma e a suspensión e interrupción dos prazos administrativos terán que reiterar a intención de solicitar a praza mediante instancia xeral, indicando o expediente no que figura a solicitude e a documentación

Para a solicitude de praza, tanto de reserva como de novo ingreso, deberase rexistrar no Concello (a través da sede electrónica) a seguinte instancia:

DESCARGAR WORD Modelo de solicitude de praza na EIM “As Lagoas”  

Dirección da sede electrónica:

IR Á LIGAZÓN Rexistro de solicitude de praza da escola infantil

Back to top