Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE MOBILIDADE AMPLIARÁ AS MEDIDAS DE CONTROL DE VELOCIDADE E MELLORA DA CIRCULACIÓN

O concelleiro de Mobilidade e alcalde, Juan Domingo de Deus, informou hoxe da ampliación das medidas de reforzo da sinalización nas vías municipais, logo do éxito da instalación dos reductores de velocidade na rúa O Cristo.

Segundo vaian obténdose e analizándose os resultados do estudo no resto dos puntos sometidos a control nas contornas dos centros de ensino pendentes, desde a concellería anúnciase a adopción de medidas “É unha necesidade aumentar a seguridade na circulación e o control de velocidade, pola tranquilidade de todos e en especial dos peóns”.

En todo caso, a concellería decidiu ampliar tamén as medidas a adoptar coa proposta nas próximas datas do cambio do sentido de circulación aos veciños da rúa do Casal, polo que a Policía Local porase en contacto para a recollida de opinións e propostas.

“Estamos a realizar unha análise exhaustiva da situación da circulación nas vías municipais, especialmente nos puntos máis confictivos, pero abordaremos todas as medidas necesarias para a mellora da seguridade”

Juan Domingo de Deus confirmou que se abordará tamén a problemática dos aparcamentos en zonas puntuais desde o seu departamento “A veciñanza leva anos demandando unha actuación útil, decidida e planificada neste sentido, e nesa dirección dirixiremos a nosa xestión e as medidas”.

Dentro desta liña de traballo encádrase a nova campaña de reparto de chalecos entre os peóns realizada pola Policía Local en colaboración coa Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia “Queremos que os peóns se deixen ver, poidan saír con seguridade, e todos e todas desfrutemos dos espazos abertos e de pasear ou facer exercicio con tranquilidade”.

200 chalecos para peóns (non homologados para conductores) que están a disposición da veciñanza poñéndose en contacto coa Policía Local ou a Concellería de Servizos.

Back to top