Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

POSTA EN MARCHA DO NOVO PIE DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE FERROL

A Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia. A administración autonómica e o Servicio Público de Empleo Estatal financian esta convocatoria con 225.000€ sobre 250.000€ do custo total, que vai dirixida a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos Concellos de: Cedeira, Valdoviño, Narón, Fene, Neda, Cabanas, Ares e Mugardos e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • certificado de discapacidade

  • risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia

  • vítimas de violencia de xénero

  • menores de 30 anos con baixa cualificación

  • menores de 30 anos cualificadas

  • maiores de 45

  • perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI)

  • inmigrantes

O Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol 2020/2021 ten unha duración de 12 meses e o seu obxectivo principal é achegar ferramentas ás participantes de xeito que melloren a súa empregabilidade e, por tanto, así como a inserción laboral. Os medios que se utilizan para a consecución do obxectivo son moi diversos e adaptados ao perfil de cada persoa. Deste xeito, conxugaranse accións individuais co persoal técnico do programa (orientación laboral, asesoramento, itinerarios personalizados de inserción) con accións formativas tanto cualificantes (atención sociosanitaria, administración, comercio e loxística, peixaría, carnizaría…) como de tipo transversal (preparación para as competencias clave, informática, idiomas, habelencias sociolaborais, talleres de busca de emprego, talleres de entrevista…). O persoal técnico tamén abordará a prospección laboral de xeito que en todo momento manterá contactos coas empresas da contorna de cara a coñecer as necesidades do mercado, as posibles ofertas de emprego e poñelas en contacto coas usuarias do programa. O obxectivo mínimo de inserción laboral do Programa Integrado de Emprego deste ano é do 35%.

É importante subliñar que todas estas accións se apoiarán con medidas que permitan a participación das usuarias, de xeito que aquelas que teñan menores ou persoas con discapacidade ao seu cargo (e non dispoñan de recursos de apoio) poderán beneficiarse dun servizo de conciliación. Así mesmo, terán dereito a percibir unha bolsa de 7€ por día de asistencia ás accións do programa.

Esta metodoloxía permite que as participantes amplíen non só a súa cualificación senón que, ao mellorar o coñecemento de si mesmas e do propio mercado laboral, poidan adquirir formación que lles sirva para que a súa busca de emprego sexa máis eficiente e efectiva.

As mulleres interesadas en ampliar información ou inscribirse no programa poderán solicitalo do seguinte no Concello de Mugardos contactanto co Área de Formación e Emprego, chamando ao teléfono 698 188 608.

Así mesmo tamén poden consultar toda a información na páxina web da Mancomunidade www.comarcaferrolterra.es , na que haberá unha folla de solicitude. Esta deberá ser cuberta e enviada ao correo electrónico piemancomunidade@ferrol.es ou deixala presencialmente no Concello de Mugardos así como no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz (Avenida do Mar, 115. A Gándara. Narón).

O prazo de solicitude remata o 25 de novembro. Posteriormente as mulleres inscritas serán chamadas a unha entrevista de cara a facer a selección final de participantes no programa.

Back to top