Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DOAZÓN DE SANGUE

Este evento rematou

A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas diante da biblioteca municipal na Avenida de Galicia.

Pide cita para doar sangue na unidade móbil, chamando ao 900 100 828.

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde. Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Back to top