Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO SUBVENCIONA A CONTRATACIÓN DE 9 PARTICIPANTES NO PROGRAMA REINICIA

A Concellería de Desenvolvemento municipal informa da publicación das bases para a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego, REINICIA VI do Concello de Mugardos.

O obxectivo desta liña de axudas é o de facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos obradoiros duais de emprego REINICIA VI.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria otorgou ao Concello de Mugardos 13.500 euros para incentivos á contratación e destinaranse a subvencionar con 1.500 euros ata 9 contratos, que sexan a xornada completa e cunha duración mínima de 3 meses.

Poderanse beneficiar destes incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados preferiblemente no ámbito territorial de ditos obradoiros.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 14 de xullo ao 3 de agosto de 2020.

O obradoiro dual de emprego REINICIA VI iniciou á súa actividade en outubro de 2019 e remata o vindeiro 27 de xullo, conta con 20 alumnos/as, traballando e formándose nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e traballos de carpintería e moble.

Desde o goberno municipal trasladan a súa satisfacción pola axuda recibida para poder seguir implementando políticas de apoio á contratación “Nestes tempos de crise polo COVID-19 hai que dinamizar o mercado laboral, e na procura deste obxectivo o traballo conxunto das administracións é imprescindible”.

Poden consultarse as bases publicadas na seguinte ligazón do Boletín Oficial da Provincia:

 IR Á LIGAZÓN Publicación no BOP das bases das axudas de incentivos á contratación REINICIA VI

Back to top