Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VOLVEN AS VISITAS AO CASTELO DA PALMA

A concelleira de Turismo Begoña Roldós informou de que xa está aberta a axenda de reservas para a realización das visitas ao Castelo da Palma a partir desta fin de semana.

As zonas do Castelo accesibles ás visitas serán as cubertas, a capilla e algún outro elemento de interese como a celda de Tejero, e o concello habilitou catro quendas para a realización das visitas que son os venres e sábados de 19.00 a 20.30 horas, e os sábados e domingos de 10.30 a 12.00 horas.

Desde a concellería informan de que o aforo máximo para a visita do castelo é de 20 persoas (nenos e nenas incluidos), que o uso de xel desinfectante á entrada do castelo será obrigatorio para todos os visitantes, o mesmo que o uso de máscara facial é obrigatorio durante toda a visita.

As persoas e/ou grupos interesados en reservar poderán facelo a través da oficina de información turística municipal, coa que pode contactarse polas seguintes canles:

  • Presencialmente: Avenida de Galicia nº 45, baixo (antiga OMIX).
  • Por teléfono: 630 885 761.
  • Por correo electrónico: oit.mugardos@gmail.com

O horario de atención ao público da oficina de información turística municipal na quenda de mañá é mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.30 horas, e sábados e domingos de 12.30 a 14.00 horas. A quenda de tarde pola súa banda é martes, mércores e xoves de 16.30 a 20.30 horas, e venres e sábados de 16.30 a 18.30 horas.

O Castelo da Palma inicialmente, concebido para tarefas de vixiancia, tivo como derradeira función a de cárcere militar. Ainda que a orixe da construcción remóntase a finais do século XVI, a fortificación militar actual, declarada Ben de Interese Cultural, levantouse a finais do século XIX.

Back to top