Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O 1 DE XULLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA NOS COMEDORES ESCOLARES MUNICIPAIS

As concellerías de Ensino e Benestar Social informan da apertura do prazo de solicitude de praza nos comedores escolares municipais do CEIP Unión Mugardesa e no CEIP Santiago Apóstol de Franza, podendo facer uso do servizo os estudantes do IES de Mugardos.

O comedor do CEIP Unión Mugardesa ten unha capacidade de 58 comensais, e o do CEIP Santiago Apóstol conta con 24 prazas, e os menús elabóranse de acordo con criterios de alimentación sana e equilibrada fixados pola Xunta de Galicia.

No seguinte cadro poden verse os criterios de puntuación para o acceso ao servizo:

Cada unha das circunstancias puntuables deberá ser acreditada documentalmente como queda reflectido na solicitude.

A concelleira de ensino Begoña Roldós sinalou que xa se traballa desde o seu departamento para o desenvolvemento do servizo co maior grado de normalidade e por suposto seguridade para os usuarios, e pola súa banda a concelleira de benestar Ana Varela lembrou o compromiso do goberno co servizo e o mantemento das axudas económicas municipais para facilitar o acceso de todas as familias aos comedores municipais que son unha ferramenta educativa, social e de conciliación.

Toda a información, as instancias a presentar e as canles de tramitación está a disposición da veciñanza na seguinte ligazón da web municipal:

IR Á LIGAZÓN Comedores escolares municipais

Back to top