Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A PARTIR DO DÍA 1 DE XULLO A ATENCIÓN PRESENCIAL NO CONCELLO NON REQUERIRÁ DE CITA PREVIA

A concellería de Persoal dirixida por Miguel Mahía informa de que a partir do 1 de xullo os veciños e veciñas que teñan que realizar xestións no concello poderán facelo sen solicitar cita previa nos servizos municipais.

Os postos de atención ao público veñen de adaptarse coa colocación de paneis para a máxima protección, e lémbrase que é obrigatorio o uso de máscara así como o mantemento do distanciamento social en todas as oficinas municipais.

Back to top