Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MAÑÁ INÍCIASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A BRIGADA CONTRAINCENDIOS

A Concellería de persoal municipal informa da apertura mañá do prazo de presentación de solicitudes para a contratación de 1 xefe de brigada, 1 peón conductor e 3 peóns para a brigada de prevención e defensa contraincendios forestais do Concello de Mugardos 2020.

Faise pública a convocatoria para a provisión temporal deste persoal, polo sistema de concurso-oposición libre ao abeiro da Addenda ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Mugardos para a participación na prevención e defensa contraincendios forestais para o ano 2020, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de instancias será do 23 de xuño ata o 29 de xuño ambos incluidos.

As instancias e as bases que rexerán o proceso selectivo están a disposición das persoas interesadas nas seguintes ligazóns e no apartado de ofertas de emprego municipais nesta web:

DESCARGAR PDF Bases para a contratación do persoal da brigada de prevención de incendios

DESCARGAR PDF Instancia para a solicitude de participación no proceso de selección da brigada de prevención de incendios

Toda a información sobre este e o resto dos procesos de selección municipais, na seguinte ligazón:

 IR Á LIGAZÓN Ofertas de emprego municipais

Back to top