O acceso a estas axudas será mediante a presentación da solicitude xunto cos anexos II e IV e a documentación requerida na solicitude, e estará suxeito ao ditame da comisión valoradora. Os requisitos xerais para a solicitude destas axudas son:
-
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante (pai, nai ou titor/a).
- Fotocopia do libro de familia no que figuren tódolos membros da unidade familiar.
- Informe de convivencia.
- Fotocopia da declaración da renda dos proxenitores ou titares/as legais. No caso de non estar abrigado/a a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria.
- Declaración responsble de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias fronte a Seguridade Social, Axencia Tributaria e Concello de Mugardos e de non estar incurso/a en ninguha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de abrigas por reintegro de subvencións, ·e autorización ao concello de Mugardos para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso, segundo as bases.
O concello poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada e calquera outra necesaria para a valoración da solicitude. As unidades familiares que teñan entregado documentación no departamento de servizos sociais para outra xestión, que conste no seu expediente e que sexa válida, poderán quedar eximidas da presentación desta documentación sempre que na solicitude especifiquen o expediente e o ano no que aportaron a mesma.
Deberase rexistrar a solicitude xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos requisitos xerais e os específicos da axuda ou axudas solicitadas (que poden consultarse no regulamento dispoñible no apartado de normativa).
- Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas serán valoradas pola comisión avaliadora conforme aos criterios establecidos nas bases. Posteriormente publicarase unha lista provisional e abrirase un prazo de 5 días para subsanación de erros na documentación. Transcorrido este prazo a Comisión emitirá unha proposta definitiva e de seguido será aprobada pola Alcaldía. Unha vez concedida a axuda, farase entrega dun vale persoal e intransferible para canxear no establecemento correspondente. As axudas irán desde 50€ ata 240€ en función do número de nenos e nenas para os que se soliciten as axudas.