Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

A licenza de obra maior deberá solicitarse para a realización de obras de edificación ou instalación que supoñan ocupación do chan ou volume, ou afecten á estrutura de edificios ou instalacións erixidas con anterioridade, así como as obras de urbanización. conforme ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Mugardos.

A concesión da licenza permite ao solicitante a execución material das obras comunicadas, logo da comprobación de que se axustan á normativa vixente e de que reúnen as condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade  e accesibilidade esixibles. Así mesmo para a concesión da licenza deberá abonarse unha liquidación previa da taxa de tramitación de actividades e do Imposto sobre de Construccións, Instalacións  e Obras (ICIO).

No caso de ter concedida unha licenza de obra maior e requerir unha prórroga de dita licenza, pode acceder ao procedemento de tramitación na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Tramitación da prórroga de licenza de obra

INSTANCIA

DESCARGAR PDF Instancia de solicitude de licenza de obra maior

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Unha vez cumplimentada a instancia e adxuntada toda a documentación necesaria para a presentación, a solicitude deberá ser rexistrada no Concello por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

Unha vez presentada, e no caso de encontrarse a documentación completa, a persoa solicitante deberá esperar á concesión da licenza por parte do órgano municipal correspondente antes de iniciar a obra.

 NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA

Existe unha ordenanza municipal vixente reguladora da concesión de licenzas de obra maior e do pago do imposto e da taxa derivado de dito procedemento administrativo:

DESCARGAR PDF Ordenanza municipal imposto sobre Instalacións, Construccións e Obras (ICIO)

Se a execución das obras supuxera a ocupación da vía pública (colectores, andamios, …) tamén requerirá a tramitación da solicitude correspondente e por tanto a liquidación a taxa. POde accederse a esta información na seguinte ligazón da web municipal:

IR Á LIGAZÓN Solicitude de ocupación da vía pública

Na seguinte ligazón ao apartado de instancias e solicitudes da web están dispoñibles todas as instancias do departamento de urbanismo

IR Á LIGAZÓN Instancias e solicitudes municipais

Back to top