RESERVA DE INSTALACIÓNS CULTURAIS
O Concello de Mugardos dispón de locais de titularidade pública onde celebrar actuacións, eventos e actividades. As instalacións municipais dispoñibles son as seguintes:
- Salón de Plenos da Casa do Concello
- Local social de maiores de Mugardos
- Casa da Cultura
- Centro Cívico
- Local de ensaio de Novás
Asociacións, sociedades, grupos ou particulares poderán solicitar a cesión dos locais para a celebración dalgún evento ou actividade, sempre que se axusten aos requisitos, aos usos permitidos e aos horarios dispoñibles.
INSTANCIA
DESCARGAR PDF Solicitude de uso de local municipal
TRAMITACIÓN E REXISTRO
As persoas interesadas en facer uso de calquera dos locais culturais que o concello pon a disposición da veciñanza, deberán rexistar a solicitude debidamente cumprimentada por calquera das canles habilitadas para a realización dese trámite:
- Oficina de Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):
IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas
IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve
Unha vez realizada a solicitude por rexistro, no prazo de 10 días o órgano competente deberá resolver dita solicitude e comunicar a concesión ou non do espazo así como as circunstancias especiais que requira o uso do local concedido.
NORMATIVA REGULADORA MUNICIPAL
Dos locais postos a disposición da veciñanza, dous deles teñen regulamento municipal ao que os usuarios e usuarias deberán axustarse:
DESCARGAR PDF Regulamento de uso e funcionamento do centro cívico municipal