O PLENO MUNICIPAL APROBA O ÚLTIMO TRÁMITE PARA A CONSTRUCIÓN DA NOVA BIBLIOTECA QUE SE FARÁ REHABILITANDO O ANTIGO CINE ZÁRATE
O Concello de Mugardos licitará á maior brevidade posible as obras de construcción da nova Biblioteca Municipal, logo e aprobar hoxe en Sesión Plenaria extraordinaria o proxecto básico e de execución de rehabilitación do antigo Cine Zárate e o expediente de contratación das obras. O acordo foi acadado cos votos a favor do PP e EU, e a abstención do BNG e do PSOE.
Tamén deuse luz verde á modificación e ampliación das porcentaxes de gastos plurianuais para a contratación da obra de rehabilitación para convertir o Cine Zárate en Biblioteca Municipal, cos votos a favor de PP e EU, a abstención do BNG e o voto en contra do PSOE.
A obra ten un orzamento total de 1.270.452,72€ que serán financiados na maior porcentaxe por Regasificadora del Noroeste S.A. (74,83%), completándose coas aportacións da Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia (11,41%) e da Consellería de Cultura (8,66%), e finalmente do Concello de Mugardos (5,10%). As achegas estarán repartidas como se indica na seguinte tabla:
| Axente financiador | Importe |
| Regasificadora del Noroeste, S.A. | 950.722,65€ |
| Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes | 145.000,00€ |
| Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude | 110.000,00€ |
| Concello de Mugardos | 64.730,07€ |
| TOTAL | 1.270.452,72€ |