Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

O Concello de Mugardos ten unha ampla rede de protección social para a veciñanza, tamén no que atinxe á política fiscal.

En concreto, un dos trámites de exencións e bonificacións de tributos máis solicitados é o que permite a exención nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e da prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal.

Esta reducción está relacionada cos ingresos económicos medios mensuais da unidade familiar, que non deberán superar o 125% do IPREM para estar exentos. A tramitación realízase desde os servizos sociais municipais, e a convocatoria é anual (prazos abertos entre xaneiro e febreiro de cada ano)

INSTANCIAS

DESCARGAR PDF Solicitude exención e bonificación das taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR 2021

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Unha vez cumprimentada a solicitude e adxuntada toda a documentación requerida, deberase entregar a solicitude no rexistro xeral municipal, o que dará inicio á tramitación:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Dirección: Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

NORMATIVA REGULADORA

A normativa que regula as exencións destas taxas encóntrase recollida en cada unha das ordenanzas reguladoras dos servizos afectados pola tramitación (auga, lixo, sumidoiros e EDAR):

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 6, reguladora da taxa polo servizo de recolida do lixo

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 7, reguladora da taxa polo subministro de auga

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 8, reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros

DESCARGAR PDF Ordenanza fiscal nº 29, reguladora da taxa pola prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo das auguas residuais vertidas á rede de saneamento municipal en alta da zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol

Back to top