XORNADA CON FAMILIAS: USO PROBLEMÁTICO DA TECNOLOXÍA
“Ao longo do curso escolar desenvólvense programas enmarcados no Plan de Promoción da Saúde e Prevención de condutas aditivas, ofertada pola agrupación de Concellos de Mugardos, Fene, Neda e subvencionadas pola consellería de Sanidade.
No programa REFÓRZATE e outros realizanse actividades con alumnado de primaria e secundaria, ao tempo que se enmarcar a prevención familiar.
Esta proposta ten por obxecto promover accións informativas e formativas proporcionando pautas educativas para a prevención do uso problematico da tecnoloxía.
Preténdese crear un espazo no que as familias poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e dificultades; tamén para aprender e reflexionar conxuntamente.
- Tema: “Uso problemático da tecnoloxía”
- Dia: xoves, 13 de abril
- Horario: 18.30h a 20.00h
- Lugar: Casa da cultura de Fene
O obradoiro será dinámico e participativo, impartido por Anabel Mosquera, pedagoga e terapeuta experta en adiccións. Presentado e coordinado pola pedagoga e técnica en Prevención do Concello de Fene, Mª José Paz Rodríguez.
Para participar na actividade prégase cumprimente a FOLLA DE INSCRICIÓN, antes do 12 de abril ás 14.00h, enviando a ficha cuberta ao enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal ou nos teléfonos 981342607 / 981492706″
Descarga o formulario de inscrición aquí