Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SEMANA SANTA EN CALDOVAL

Coa chegada da Semana Santa, o Centro de Interpretación de Caldoval amplía o seu horario de apertura de maneira excepcional dende o martes 4 ata o domingo 9 mantendo o seu horario de mañá, de 10:30h a 14:00h, e de tarde, de 16:30h a 20:00h. 

Ademais de continuar coa oferta de obradoiros habituais e visitas guiadas, organizarase un obradoiro familiar especial o sábado día 8 en horario de mañá ás 11:30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.

Back to top