Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS CELEBRA O SEU VIII TORNEO ‘CONCELLO DE MUGARDOS’ DE FÚTBOL 8

O Galicia de Mugardos e o Concello de Mugardos colaboran nesta nova edición do torneo de fútbol 8 que se celebrará durante os días 7 e 8 de abril no campo de A Pedreira

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e a concelleira de Deportes, Begoña Roldós, xunto coa presidenta de Galicia de Mugardos, Brath Miraz, presentaron o cartel da VIII edición do torneo de Fútbol 8 Concello de Mugardos.

A concelleira, afirmou que “o deporte inculca valores esenciais para a nosa sociedade e a nosa xente, e a celebración deste torneo é de especial relevancia, xa que Galicia de Mugardos é unha das entidades estrela do noso municipio. O torneo está dirixido ás categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, sendo os días correspondentes a cada categoría en horario de mañá e tarde: Prebenxamín: venres 7 de abril. Benxamín: venres 7 de abril. Alevin: sábado 8 de abril.

Por parte da Concellería de Cultura, animaron a acudir ao torneo que se celebrará durante a Semana Santa. “Animamos a todos os mugardes a que se acheguen á celebración deste torneo no campo da Pedreira, onde os máis pequenos nos farán vibrar coa emoción do fútbol” afirmou Begoña Roldós.

Haberá equipos da zona de Ferrolterra e A Coruña, sobre todo, pero tamén do resto da xeografía galega. O venres, 7 de abril, a competición comeza ás 10:00 horas e remata coa final de Prebenxamíns ás 20:00 horas e a de Benxamíns ás 20:30 horas. Este día a xornada será ininterrompida dende as 10 da mañá ata as finais. O sábado 8 a competición comeza ás 10:00 horas, haberá descanso de 16:00 a 16:30 horas, e finalmente horario ininterrompido ata as 20:00 horas onde se disputarán as finais: absoluta e consolación.

Por parte da entidade, o presidente de Galicia de Mugardos indicou que “o obxectivo é potenciar o deporte de base, non só como medio de competición senón, sobre todo, como medio de educación e socialización dos nenos e nenas a través da súa oferta. a oportunidade de coñecer e gozar doutras persoas afíns coas que non interactúan ao longo da tempada nas súas competicións habituais” afirmou Miraz.

Back to top