XUNTA E CONCELLO AVANZAN NA PLANIFICACIÓN DE NOVOS PROXECTOS LOGO DA REUNIÓN DE TRABALLO ENTRE O ALCALDE E O PRESIDENTE FEIJÓO
O alcalde Juan Domingo de Deus valorou moi positivamente a reunión mantida na tarde do luns co presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo na que se abordaron numerosos proxectos transformadores da realidade económica, social, cultural e urbanística do Concello de Mugardos.
O encontro iniciouse cun repaso exhaustivo aos proxectos da administración autonómica xa en marcha en Mugardos, como as obras de mellora da envolvente térmica do centro de saúde que está previsto rematar a mediados do próximo mes e que supuxeron unha inversión de 270.000 euros, ou o proxecto de ampliación da escola infantil municipal As Lagoas no que a Consellería de Benestar investirá un total de 100.000 euros nos próximos dous anos, ou a fixación do inicio das obras da senda Rilo – Franza neste primeiro semestre de 2021 e no que o investimento da Xunta acadará os 500.000 euros.
A continuación, o alcalde expuxo algunhas actuacións que desde o goberno municipal considéranse estratéxicas para o desenvolvemento do concello, e nos que se entende que o apoio da Xunta de Galicia pode supoñer un importante espaldarazo para sacalos adiante.
A nova biblioteca municipal foi o primeiro proxecto abordado, xa que desde fai semanas o goberno avanza coa inversión de fondos locais no proxecto. Trátase dunha inversión que probablemente chegue ao medio millón de euros e na que o concello requiriu da Xunta de Galicia principalmente apoio na captación de financiamento. O alcalde presentou na reunión o anteproxecto redactado que contou coa participación da empresa adxudicataria e dos técnicos municipais, e que no caso de lograr a viabilidade económica necesaria, abrirase á veciñanza para a súa participación.
En relación á senda Peteiro-O Baño, trátase dun proxecto prioritario no ámbito da mobilidade dada a importancia de unir espazos de gran densidade poboacional que na actualidade non poden percorrerse peonilmente. Este proxecto foi xa abordado co delegado territorial da Xunta Gonzalo Trenor na visita en outubro ao concello.
A situación da Avenida do Seixo foi abordada tamén amplamente na reunión entre Juan Domingo de Deus e Nuñez Feijóo, xa que trátase dun proxecto largamente demorado polos anteriores executivos municipais e que para ao actual goberno é unha actuación urxente que permitiría a súa remodelación, a mellora da funcionalidade, da accesibilidade e a dinamización do espazo, así como renovación das canalizacións de auga, sumidoiros e demais servizos básicos que na actualidade presentan importantes deficiencias por falta de mantemento.
A Casa do Reloxo sita no peirao mugardés foi otro dos proxectos presentados polo rexedor. Neste caso, o papel da Xunta de Galicia pasa a ser fundamental, xa que nestes intres as instalacións son titularidade de Portos de Galicia. O alcalde trasladou o enorme vínculo existente entre a poboación mugardesa e a Casa do Reloxo, que é historia viva do concello. Unha das propostas presentadas foi a de crear nese espazo un punto que poña en valor o carácter mariñeiro de Mugardos, e o traballo e esforzo dos homes e mulleres do mar.
Sobre a ampliación da saída da vía rápida polo Penedo, unha proposta moi demandada pola veciñanza, o alcalde trasladou a necesidade deste vial de acceso ao casco urbano de Mugardos co obxectivo de dotar de maior seguridade e rapidez a chegada á Vila, xa que na actualidade a vía rápida remata na Barca, lugar moi afastado dos núcleos principais do municipio.
En relación á distribución da auga potable ata Mugardos, servizo do que se encarga Augas de Galicia, abordouse na reunión o futuro convenio que en próximas datas asinarán Mugardos, Ares, Fene e a propia Augas de Galicia para dar unha solución xa definitiva ao problema, e no que quedará reflectido que o financiamento repartirase ao 50% entre Augas de Galicia e os tres concellos nomeados.
Juan Domingo de Deus quixo destacar a enorme utilidade do encontro “Foi unha reunión de traballo moi productiva, nin o presidente nin eu programamos un encontro institucional, senón unha tarde de toma de decisións, de desbloqueo de temas e de avance nos proxectos. Ambas partes tiñamos moi traballados os asuntos a tratar e a boa predisposición por parte da presidencia é un signo moi positivo”.
“É importante que a veciñanza entenda que logo deste tipo de encontros non imos ter unha nova biblioteca aberta en dous meses, nin o vial Peteiro – O Baño estará listo este verán, pero estes encontros con imprescindibles para a búsqueda de financiamento dos proxectos, para captar apoio institucional ás propostas e para que desde unha administración moito máis grande ca nosa e con moita máis capacidade de xestión de grandes proxectos, se poñan á nosa disposición recursos moi valiosos para que todas esas ideas sexan unha realidade máis pronto que tarde” sinalou de Deus.
Para rematar, o alcalde agradeceu a Nuñez Feijóo o traballo realizado pola Xunta de Galicia no apoio ao concello durante a pandemia da COVID e en concreto aos servizos sociais municipais, e ambos abordaron o plan de reforzo do Servizo de Axuda no Hogar que o delegado do goberno da Xunta, a concelleira Ana Varela e o propio alcalde trataran a pasada semana no encontro mantido no concello, e no que destacouse o aumento de case 7.000 horas de atención que permitiu acceder ao servizo a case 70 usuarios dependentes (cun total de máis de 26.000 horas de atención ao ano).