Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATA O CONCURSO “ENTROIDO 2021, DIVERSIÓN NA CASA” Á ESPERA DE COÑECER AOS GAÑADORES

A Concellería de Cultura informou hoxe de que xa está pechado o prazo para participar no concurso “Entroido 2021, diversión na casa” e que nestes momentos, estase á espera para coñecer aos gañadores.

Neste sentido a concelleira Begoña Roldós sinalou que unha vez “rematado o prazo para participar no programa “Entroido 2021 diversión na casa”, quero agradecer en primeiro lugar a todos/as os participantes a colaboración para que este Entroido 2021 non pasase desapercibido, e así transmitir un pouco de ilusión e alegría. Por outro lado, decir que mañá venres día 19 de febrero, ás 9.00 horas, farase o sorteo das cestas entre todos/as os/as participantes maiores de 18 anos, levantarase un acta que se fará pública na páxina web do concello, os/as afortunados se lles comunicará por teléfono; todos/as participantes menores de 18 anos recibirán un agasallo agradecendo a súa participación.”

Back to top