Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O 1 DE MARZO DÁ COMEZO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA EIM AS LAGOAS PARA O NOVO CURSO

A Concellería de Servizos Sociais informou hoxe da apertura do prazo de solicitude de reserva de praza para o curso 2021-2022 na Escola Infantil Municipal das Lagoas do 1 ao 15 do próximo mes de marzo para o alumnado actual do centro, e do 16 ao 31 de marzo para o alumnado de novo ingreso.

Para a reserva de praza para alumnado da EIM As Lagoas que xa asiste ao centro na actualidade, ademáis da solicitude cuberta e asinada deberán achegar o IRPF de 2019 de ambos proxenitores/as e a documentación que se modificara con respecto á presentación da solicitude de praza do pasado curso.

Para a solicitude de novo ingreso a documentación obrigatoria a entregar será unha fotocopia do libro de familia e/ou título de familia numerosa, fotocopia do documento de identidade dos pais/nais ou titores/as, certificado de convivencia expedido polo Concello, xustificación de haberes (declaración do IRPF ou certificación de exención se é o caso; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada destes), e o xustificante de ocupación ou desemprego (última nómina, certificación de empresa ou certificado de desemprego) Como documentación opcional poderá achegarse o certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e/ou certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar, ditame do equipo de orientación específico dependente da Inspección de Educación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do órgano correspondente na Admón. do Estado ou nas respectivas Comunidades Autónomas en que se motive a necesidade de integración, informe dos Servizos Sociais, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar, e documentación acreditativa de incidencias tales como separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada.

Así mesmo, desde o departamento confirmouse que o curso 2021-2022 dará comezo o día 1 de setembro.

Máis información sobre esta tramitación e a EIM na seguinte ligazón da web municipal:

IR Á LIGAZÓN Información sobre a Escola Infantil Municipal As Lagoas

Back to top