Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XULLO EN CALDOVAL

Co comezo do verán, o Centro de Interpretación de Caldoval presenta a súa programación de obradoiros e actividades especiais para o mes de xullo. Ademais das visitas guiadas e obradoiros habituais, desenvolveranse unha serie de actividades para as que xa hai data oficial. Dará comezo o domingo 7 con Gimnasium, unha sesión de ximnasia e deporte tradicional romano para público adulto, continuará cun obradoiro familiar, Artistas do graffiti, para somerxernos no mundo do arte urbano romano, e pecharase a programación do mes, o sábado 27, cunha visita teatralizada na que poder desfrutar da recreación histórica dun día no balneum de Caldoval. 

Algunhas destas actividades terán aforo limitado, polo que será necesario reservar no momento en que se abra o prazo de cada unha delas, o que se anunciará dende o propio centro a través das súa páxina web e redes sociais FacebookInstagram (@museocaldoval). Para obter máis información pode poñerse en contacto co persoal do museo chamando ao número de teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura do centro, ou a través do seu correo electrónico: info@museocaldoval.gal.

Back to top