Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XORNADAS DE PREVENCIÓN FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO”

 A agrupación de Concellos de Mugardos, Neda e Fene desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “MÁIS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. 

As sesións coas familias complementa aos obradoiros que se ofertan ao alumnado no marco dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. 

Esta actuación está encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada. As sesións a impartir son: 

1ª Adolescencia e adiccións: Enfoques actuais, a cargo de Gerardo Sabio Fernández, director de ASFEDRO 

  • Proporcionar información actualizada e basada na evidencia sobre o coñecemento actual sobre la adicción 
  • O proceso de desenvolvemento do adolescente. 
  • Condutas de risco e interferencias no proceso de maduración cerebral. 

DATA: Mércores 31 de maio de 2023 
HORA: 18.30h. 
LUGAR: Sala de Plenos do Concello de Mugardos. 

2ª O papel da familia na prevención das adiccións, a cargo de Rosa Mª García Pazos, técnica de prevención de ASFEDRO. 

  • As adiccións 
  • Pautas para previr. 
  • Posición familiar ante condutas adictivas 

DATA: Martes 6 de xuño de 2023 
HORA: 18.30h. 
LUGAR: Sala de Plenos do Concello de Mugardos 

As xornadas serán participativan, utilizando dinámicas e contestando ás preguntas que xurdan. A coordinadora do programa é a pedagoga municipal 

Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias. ofrecéselles manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas. 

O período de inscrición até o luns 29 de maio de 2023. (por orde de inscrición ata cubrir aforo). 

A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios: 

  • Achegando a ficha de inscripción cuberta no Concello de Mugardos 
  • A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. 
  • Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais. 

Para calquera outra información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE . R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo, 15500 San Velentín-Fene; Teléfonos: 981492706 / 981342607

 

Back to top