Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XA ESTÁ OPERATIVO O VEHÍCULO ALUGADO PARA A POLICÍA LOCAL

O coche recibiuse onte, logo da tramitación durante as últimas semanas do expediente de alugueiro

O alcalde, Juan Domingo de Deus, informou hoxe de que xa está plenamente operativo o vehículo da Policía Local alugado, tras a avaría sufrida pola anterior unidade.

O alugueiro, vixente polos próximos 3 meses, ten como obxectivo subministrar á Policía Local un vehículo para que poida realizar de xeito eficaz as súas tarefas, unha vez que o anterior vehículo adoece dunha importante avaría que impide o seu uso de xeito definitivo.

O rexidor sinalou tamén que, paralelamente a este renting, o goberno municipal está á espera de que remate xa nas próximas semanas o expediente para a adquisición dun novo coche vía concurso público, que leva máis de ano e medio de tramitación debido a que a primeira licitación realizada o pasado ano quedou deserta polas dificultades do mercado, a suba dos prezos e as dificultades no subministro de bens e componentes.

“Como sempre, os nosos efectivos da Policía Local aos que agradecemos o traballo e esforzo realizado, volveron demostrar a súa excelente preparación e compromiso e por fin contan xa cun vehículo de alugueiro con todas as garantías e antes de rematar o ano esperamos que poidan contar xa co coche definitivo” rematou de Deus.

Back to top