Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PRÓXIMO 29 DE OUTUBRO MUGARDOS ORGANIZA A V MILLA NOCTURNA

O Concello de Mugardos a través da Concellaría de Deportes dirixido por Begoña Roldós organiza a V Milla nocturna Concello de Mugardos o próximo sábado 29 de outubro de 2022.

A carreira terá saída e meta na Avenida do Seixo, presentará un circuíto urbano aglomerado, e está pensado para todas as idades xa que abranguerá desde os 150 a los 1.609 metros.

A primeira saída establécese ás 19.30 horas para a proba de pre-benxamíns, á que se lle sumaran o resto de categorías en tramos de 10 minutos aproximadamente, excepto no caso dos Sub-23, Senior e Martes masculino que sairá ás 20.40 horas.

A entrega de premios está previsto que dé inicio ás 21.00 horas.

Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que o desexen previa inscrición, que  poderá formalizarse até o mércores 26 de outubro de 2022 ás 17.00 horas a través da web www.carreirasgalegas.com da FGA. 

Os prezos de inscrición será 5 euros para todas as categorías Promesa (Sub 23) e superiores. Para as categorías menores ate a Xuvenil-Iunior (Sub18-20) a inscrición será gratuíta.

A retirada de dorsais realizarase o día da proba na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega (SAPG) dende as 18.30 horas até media hora antes de cada saída.

Back to top