Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XA ESTÁ EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO RELATO CURTO EN GALEGO DO CONCELLO DE MUGARDOS

A concelleira de Cultura Begoña Roldós informou hoxe do inicio do prazo de presentación de obras para a participación na XVIII edición do Certame de Relato Curto en Galego do Concello de Mugardos.

Os relatos de temática libre, que deben ser textos en galego orixinais, inéditos e non premiados,  non poderán ter unha extensión maior aos 10 folios. A presentación deberá realizarse en formato DIN A4 por unha cara, mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 12 e encabezados polo título. Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras, pero so poderá optar a un premio

Nas bases recóllense  tres categorías de participación: a primeira, para nenos e nenas de ata 12 anos; a segunda, para mozos e mozas de 13 a 17 anos; e a terceira, para participantes de 18 anos ou máis.

Os premios que se conceden neste certame son bonos para mercar libros por importe de 100, 200 e 400 euros para cada unha das categorías. Excepcionalmente, na categoría infantil o xurado poderá elixir mencións especiais que recibirían un diploma.

O prazo de entrega dos relatos comeza hoxe 4 de agosto de agosto e remata o día 31 deste mesmo mes, e poderán presentarse no rexistro xeral de entrada do Concello de Mugardos ou enviarse mediante correo certificado ao seguinte enderezo indicando: XVIII Certame Relato Curto Concello de Mugardos, Concellaría de Cultura, Avda. de Galicia, 45. 15620 Mugardos (A Coruña),

Pola outra banda, a concelleira anunciou tamén que o fallo do XIV Certame de Poesía municipal quedou este ano sen gañadores a causa da baixa participación. Roldós relacionou este feito cos meses de confinamento e dificultades que coincidiron co certame este ano, e mostrouse esperanzada con que este feito fose unha circunstancia puntual posto que “o certame conta xa cunha traxectoria e un bo posicionamento dentro dos certames de poesía en galego e sempre tivo unha participación importante que esperamos recuperar coa volta á normalidade”.

Na seguinte ligazón poden consultarse as bases do certame:

 DESCARGAR PDF Bases da XVIII edición do Certame de Relato Curto en Galego do Concello de Mugardos.

Back to top