Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VOLVEN AS SANCIÓNS POLO INCUMPRIMENTO DE LEVAR MÁSCARA FACIAL

O goberno municipal informa do reforzo das accións de prevención do coronavirus, desta banda centrado no cumprimento da obriga de levar máscara facial nos espazos públicos e da prohibición de fumar no caso de non poder asegurar a distancia social obrigatoria.

Os efectivos da Policía Local mugardesa están a desplegar dispositivos para o control en diferentes puntos do concello e a impoñer sancións en virtude da Lei de Saúde de Galicia no caso de atopar algunha persoa sen máscara facial ou fumando, sen respectar a distancia social. As sancións ascenden aos 100 euros.

En toda Galicia está prohibido o consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre (incluidas as terrazas) no caso de non poder garantirse o mantemento da distancia de dous metros con outras persoas.

Desde o goberno municipal lémbrase aos veciños e veciñas que desde o 20 de xullo é obrigatorio o uso da máscara facial en todo momento, independientemente da distancia social, excepto cando estase a consumir nun local de hostalería ou na praia durante o baño ou na toalla. Si é obrigatorio o uso de máscara facial na praia durante os paseos polo areal. A orde publicada pola Xunta de Galicia no DOG inclúe a obrigatoriedade de usar máscara facial durante a práctica deportiva se non se pode manter entre as persoas a distancia de seguridade de dous metros que recomenda Sanidade.

O Alcalde Juan Domingo de Deus quixo mandar unha mensaxe de responsabilidade á veciñanza “Pedimos aos mugardeses e mugardesas que sexan conscientes da gravidade da situación, e da importancia do mantemento das medidas de prevención. Está demostrado que o uso da máscara protexe do coronavirus, e que o cumprimento das normas e da distancia de seguridade axuda á prevención”.

O Alcalde quixo tamén mandar unha mensaxe de prudencia á hora de desfrutar do ocio nocturno “É importante non esquecer a prevención tamén durante a noite, do mesmo xeito que é importante que a hostalaría respecte os horarios de peche. Sexamos responsables, colaboremos xuntos e protexámonos todos. Ese é o camiño para superar esta crise sanitaria” concluíu de Deus.

Back to top