Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VOLVE O SERVIZO DE EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO DNI A MUGARDOS

A Policía Local de Mugardos informa de que o próximo día 21 de setembro a Policía Nacional trasladarase ao concello para a tramitación da expedición e renovación do DNI

As persoas interesadas en facer uso deste servizo deberán solicitar cita previa na oficina de atención ao público sita na planta baixa da Casa do Concello, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou chamando nese mesmo horario ao 981 470 338 (Extensión #2028).

Para proporcionar as condicións hixiénico-sanitarias establecidas pola normativa vixente e co obxectivo de minimizar os riscos de contaxio dos funcionarios e dos cidadáns, o día 21 de setembro disporase dun despacho adicado á zona de expedición, con dúas mesas dotadas de panel de metacrilato de separación co público e unha sala de espera. Será obrigatorio o uso de máscara facial e xel desinfectante, e só poderá acceder á zona de expedición o solicitante (excepto no caso de dependentes e menores).

Para evitar aglomeracións e polo tanto riscos, facilitarase a cita previa tendo en conta unha cadencia de 5 minutos por expedición e ata un máximo de 15 por hora no horario de atención, que é de 9.00 a 12.00 horas. Por todo isto, os solicitantes deberán respectar a máxima puntualidade da súa cita previa.

Back to top